´HAI QUE ARRISCAR UN POUCO PARA CHEGAR A FACER ALGO´
Nuria Daporta Betanzos é unha cambadesa de 37 anos que o mércores pasado abriu a súa terceira tenda de moda
feminina "Lolita". As dúas primeiras creounas en 2006 e 2009 en Cambados, e a terceira abriuna na rúa Cobián, en Vilagarcía. Explica que a súa nai xa tivo zapaterías e comercios téxtiles en Cambados, e que foi unha irmá súa a que colleu a testemuña da tradición familiar. Nuria Daporta traballou con ela, ata que fai oito anos a irmá desvinculouse do negocio, e Nuria Daporta púxose á fronte do comercio.

-Teño moitas clientas da zona de Vilagarcía e de Caldas de Reis que me pedían que abrise outra tenda pola zona de Vilagarcía para tela máis cerca. Tamén é un xeito de ampliar un pouco o negocio.
-Non lle asusta abrir unha tenda pese aos índices baixos actuais de consumo?
-Claro que me asusta, pero tamén é un xeito de afrontar a crise e de crear emprego. Todo se fai con medo, pero hai que arriscar un pouco para chegar a facer algo.
-Dise que nos últimos meses o comercio está vendendo un pouco máis que en 2013. Notouno vostede nos seus dous comercios de Cambados?
-A nivel de vendas lévoo ben. Notamos a crise como
todos, pero temos un artigo que se adapta ben ao que a xente necesita, bo, bonito e barato, así que non notamos unha gran caída de vendas.
todos, pero temos un artigo que se adapta ben ao que a xente necesita, bo, bonito e barato, así que non notamos unha gran caída de vendas.
-Os presidentes das asociacións de comerciantes suscitan que é fundamental que os bancos faciliten
crédito para que os autónomos poidan sobrevivir.
crédito para que os autónomos poidan sobrevivir.
-É importante, si, aínda que grazas a Deus eu puiden montar a tenda de Vilagarcía sen recorrer aos bancos.
-Na última semana abriron varios negocios en Vilagarcía. Coincide cunha primavera un pouco anticipada. É esta época do ano un bo momento para abrir un negocio?
-Ten tres comercios. Cal é a clave do éxito?
-Traballar moito. Eu dedícolle moito tempo ao meu traballo. Cambio os escaparates cada pouco tempo, leo moitos blogs e revistas de moda, vou a feiras, viaxo de cando en vez a Madrid ou
a Londres para ver as novidades... Non chega con montar unha tenda e poñerse a vender. Hai que esforzarse para non quedarse atrás. Normalmente, cando chego á miña casa aínda teño un par de horas de traballo extra para os comercios.

-E non se arrepentiu nunca de facerse emprendedora? Como asalariada quizais non traballaría
tantas horas.
tantas horas.
-Arrepíntome moitisimas veces. Cando xorde unha problema nunha tenda ou teño un mes malo de vendas... É normal ter baixóns, pero realmente isto é o que me encanta facer.
ENTREVISTA PUBLICADA EN FARO DE VIGO
Ningún comentario:
Publicar un comentario