11 de mar. de 2014

UN DIARIO NON PUBLICA UNHA NOTA DE PRENSA DOS FUNCIONARIOS DO XULGADO Nº 1 DE CAMBADOS ASINADA POR XAQUÍN CHARLIN

FARO DE VIGO E DIARIO DE AROUSA SI O FIXERON SEN NINGÚN PROBLEMA.
O venres pasado funcionarios do xulgado Nº 1  de Cambados, representados polo enlace sindical Xaquín
Charlin, enviaron unha nota de prensa a tres periódicos os que sempre  o facian, ate o de agora nunca houbo problema ningún e con maior ou menor espazo sempre se facían eco das notas de prensa enviadas polos funcionarios dos Xulgados de Cambados.  Faro de Vigo e Diario de Arousa,
así o fixeron sen ningún problema non así o terceiro en discordia,  que por razóns que ignoramos non se fixo pública a nota enviada polos funcionarios do Xulgado Nº 1 de Cambados e asinada por Xaquín Charlin, esperemos que fora por falta de espazo. Se non fora así e  esta é a forma de vingarse dunha persoa por discrepar da liña editorial do periódico e de algún dos seus periodistas fala moi pouco a favor de dito periódico, porque non hai que misturar as churras coas "merinas". 
Por certo moitas grazas os blogs ALZA LA VOZ CAMBADOS e CORES DE CAMBADOS  por facerse eco da nova. 










Ningún comentario: