23 de mar. de 2014

FESTAS PATRONAIS EN CASTRELO – CAMBADOS

O VINDEIRO TRES E CATRO DE MAIO
Programa 2014: 
Sábado 3 de Maio, neste día os veciños da parroquia de
Castrelo, no municipio de Cambados, comezarán a súa festa patronal. A xornada comezará entrada a mañá coa alborada polos lugares de costume a cargo do grupo Con de Xido de Castrelo. Ás 12.00 horas celebrarase a misa cantada pola coral Santa Cruz de Castrelo en honor a Santa Cruz. A continuación dará comezo a procesión, que
estará acompañada no seu percorrido polo grupo Con de Xido e a Banda de Música de Castrelo. 
Entrada a noite as orquestras Suavecito e Abanico poñerán a nota musical á verbena. 
Domingo 4, pola mañá haberá alborada polos lugares de costume amenizada polo grupo Con de Xido. Ás 09.30 horas se oficiará a misa rezada e ás 12.00 horas a misa cantada pola
coral Santa Cruz de Castrelo en honor a San Antón. Ao término do acto todos os presentes poderán asistir á tradicional procesión que estará acompañada durante o seu percorrido polo grupo Con de Xido. 
Pola noite as orquestras Nevada e M-80 animarán coa súa música ao público asistente á verbena.

Ningún comentario: