23 de mar. de 2014

POR QUE É NON SE FAI UNHA GALA DO DEPORTE EN CAMBADOS?

SOMOS DAS POUCAS VILAS QUE CARECE DESTE EVENTO.
No  ano 2011 Miguel Anxo de Faro de Vigo publicaba un excelente artigo que se titulaba “O
municipio onde sobra o talento”, e daba en excelente repaso a todas actividades artísticas de Cambados. Pero Cambados non só ten artistas tamén ten xente que fai deporte e algúns deportistas cambadeses a un
nivel altísimo.   En outubro do 2008  o Concello de Cambados fixo un “amago” de organizar unha gala do deporte , incluso chegou  a anuncialo na prensa tal como recollía desaparecida asociación Unha Grande Chea na súa páxina. Somos un dos poucos pobos  con certa entidade
que non fai gala do deporte anual onde recoñecer aos nosos deportistas o traballo feito durante o ano. E non é unha cousa cara, senón todo o contrario podiamos dicir que ten custe 0 se non contamos  o trofeo, medalla
ou detalle que se lle entregue a cada deportista. A idea fora da defenestrada Tenente de Alcalde Anabel Carro, unha gran idea que obviamente non lle deixaron levar a cabo. É ben certo que cada ano polo Albariño nunha Gala onde se locen sobre todo Aragunde e Tourís fan entrega a unha entidade deportiva dunha folla de prata, pero iso coidamos que non é suficiente , deberíase
escoller a e o  mellor deportista, o mellor club etc, e por suposto non como fai Aragunde co dia internacional da muller colle a unhas cantas do PP e premias, non así non se fai  o concello ten unha páxina web onde previa nominación dos deportistas
propostos por un club, entidades ou veciños se faga unha votación popular.  Non costa cartos e poderíase facer unha gala espectacular.



Ningún comentario: