26 de mar. de 2014

LUÍS ARAGUNDE DISCRIMINA AOS CAMBADES A PROL DOS FORÁNEOS

O CONCELLO DE CAMBADOS VAI APOIAR O SEGUNDO LIBRO TEOFILO COMUNICACIÓN, UNHA EMPRESA DE SANTIAGO.
EN TROQUES NON QUIXO APOIAR O LIBRO SOBRE CAMBADOS  DUN
HISTORIADOR CAMBADÉS.
O alcalde de Cambados ten moi pouco vergoña vai apoiar un segundo libro sobre Cambados dunha empresa santiaguesa “Teofilo Comunicacións”, en troques non quixo
apoiar un libro sobre a historia de Cambados feita por un historiador cambadés.  O primeiro libro de Teofilo Comunicación cuxo xerente é o parecer José Luis Teofilo foi o libro titulado  “Boas noites Cambados”, un libro que segundo un especializado fotografo cambadés díxonos que
a calidade do mesmo brillaba pola súa ausencia, as fotos eran regulares por non  dicir malas e que non era un bo libro de fotografía. O libro en cuestión é moi caro e coidamos que con moi pouco éxito pois gran parte dos libros vendidos adquiriunos o concello para
despois agasallar cos mesmos a certa xente entre eles os propios concelleiros  como así se fixo no pasado Nadal. O próximo libro que apoiará o concello de Cambados titularase “O pasado nunca pasa. Cambados” e para elo o autor pídenos que lle enviamos fotografías antigas de Cambados,
ou sexa que quere que os cambadeses lle fagamos o libro.
Mentres apoia  a xente de fora  Luís Aragunde despraza aos cambadeses e así Jacobo Dominguez ten que buscarse vida se quere publicar o seu libro que comprende
o período temporal máis longo sobre a historia de Cambados, pois arrinca na Prehistoria e termina nas primeiras eleccións municipais trala ditadura de Franco.
Parécenos sangrante a actitude do impresentable do Alcalde Luís Aragunde onde o podemos ver na presentación do “Boas Noites Cambados"  prometendolle ao autor volcarse na promoción do mesmo, porque non se volca así tamén cos autores cambadeses


                                   



.Así tamén facemos nos libros.

Por certo José Luis Teofilo é tamén o protagonista do vídeo promocional  “Cambados para Italia” que presentou o concello de Cambados no fracasado intento de ser cidade europea do Viño. Que terá Luís Aragunde con Teofilo Comunicacións?



FOTOS: GOOGLE.

Ningún comentario: