18 de mar. de 2014

NIN TUBERIAS NIN NADA , O TEMPO SOLUCIÓNALLE UN PROBLEMA A ARAGUNDE

REMITIDAS AS CHOIVAS O PROBLEMA REMATOU NA MODIA, PARA O ANO DEUS DIRÁ.
Este  Alcalde que temos ten unha sorte marabillosa, naceu “cunha flor no cu”. Cando os veciños da Modia, e mira que é
difícil poñer a xente de Cambados alterada, estaban en pe de guerra,  milagrosamente deixa de chover e o problema da choiva desaparece na Modia. O que se publicou dias pasados na prensa do réxime de que unha
tuberia de 200 metros no Campo da vila na Modia vai rematar coas inundacións que sofre a Modia é un conto chino, e senón tempo ao tempo. Unha vez mais Aragunde vólvelle a mentir aos veciños abrindo unha gabia e poñendo unha simple tuberia de PVC. Non queremos ser
agoireiros, pero xa veredes como para o ano que ven cando veñan choivas intensas o problema vai rexurdir, porque o verdadeiro “quid” da cuesitón , o verdadeiro oprixe do problma das inundacións da Modia  foron as obras feitas ilegalmente no “Pinal de Maza”. 

Ningún comentario: