18 de mar. de 2014

OS VENDEDORES AMBULANTES QUE ASISTEN A CAMBADOS SÉNTENSE "NINGUNEADOS" POR LUÍS ARAGUNDE

É O MERCADO MAIS CARO DA ZONA E O QUE MAIS INTRUSOS TEN.
A vicepresidente da Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos, Margarita González ven de
criticar con dureza, pero ao mesmo tempo que con xustiza ao Alcalde de Cambados, por uns feitos que son constatabales. Margarita González acusa o Concello de Cambados de que o mercado está moi mal organizado,
cheo de intrusos, que son aquelas persoas que venden os seus produtos sen a tarxeta ambulante preceptiva para este traballo e que non están o corrente do cota de pago de autónomos. Ademais Margarita González  critica a Luís Aragunde  porque é o único mercado onde lle cobran a recollida de
lixo. O propio Alcalde admitía en declaracións a prensa sobre os intrusos que efectivamente sabe que existen e que teñen que facer un control  sobre os vendedores irregulares. E nos preguntámonos se o
que cobra a taxa é un empregado municipal ao mesmo tempo que lle cobra porque non lle pide a tarxeta de vendedor ambulante é tan doado como iso, o que pasa que como dicía unha amigo meu “Kyrie Eleison, cartos ao caixón”, o importante e recadar aínda que sexa de ilegais.

Ningún comentario: