10 de mar. de 2014

O MOMO VARREU NOS DESFILES DO DOMINGO

O TEIMUDO DE LUÍS ARAGUNDE FIXO FRACASAR O QUE PODÍA SER UN GRAN DESFILE
O día “D” xa pasou , os tres desfiles de Arousa tiveron lugar e está claro que o gañador foi “O Momo” en Vilanova, tanto
por asistencia como pola calidade das carrozas que asistiron o desfile algunha delas espectaculares como a da bailarina ou a dos piratas. Tamén estaba moi logrado “O Momo” que esta  non era outra que Ana Botella pola seu fatal e xa mítico discurso no día da elección da sede das olimpíadas. 
Dicir tamén que o sábado en Vilanova tamén se celebrou o velorio do “Momo” no que participamos activamente e demos boa conta como podedes ver na fotografía dunhas excelentes filloas e orellas.
En Cambados escaso publico e salvar a vontade dos participantes que fixeron o posible para que o desfile fora digno
encontra do teimudo de Luís Aragunde que quixo nada mais e nada menos que rivalizar co Momo, cando podía haber  sinalado o desfile para o sábado, pero ben,  ala el a súas “sabias” decisións. De todos xeitos podes ver varias fotos do  desfile de Cambados na columna da dereita.

Ningún comentario: