O ANTEPROXECTO DE LEI QUE PROPÓN O PARTIDO POPULAR E QUE ATENTA CONTRA OS DEREITOS DA MULLER
As Xuventudes Socialistas de Cambados organizaron no día de onte un reparto de dípticos de información contra a
reforma da lei do aborto de Gallardón. Esta iniciativa contou coa presenza do Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, e do Secretario Xeral da agrupación cambadesa, Ismael Agra.

Ismael Agra sinalou que ‘’o obxectivo
desta campaña é informar á mocidade sobre o anteproxecto de lei que propón o Partido Popular e que atenta contra os dereitos da muller de decidir libremente sobre a maternidade’’.
desta campaña é informar á mocidade sobre o anteproxecto de lei que propón o Partido Popular e que atenta contra os dereitos da muller de decidir libremente sobre a maternidade’’.
Por outra parte o S.Xeral afirmou que ‘’queremos achegarnos directamente á mocidade cambadesa para dicirlles o que está a facer o Partido Popular e mostrarlles que o PP
cambadés é igual que Gallardón pois negáronse a apoiar a petición de retirada do anteproxecto de lei, escudándose na lei de 1985 que nin eles apoiaron’’.
cambadés é igual que Gallardón pois negáronse a apoiar a petición de retirada do anteproxecto de lei, escudándose na lei de 1985 que nin eles apoiaron’’.
Segiu afirmando que ‘’Luis Aragunde pide continuar coa lei de 1985 no 2014, cando o seu partido votou en contra desa lei. Igual temos que esperar outros trinta anos
para que se dea de conta da necesidade da lei aprobada no 2010’’.
para que se dea de conta da necesidade da lei aprobada no 2010’’.
Por outra banda, o Secretario Xeral das XS de Galicia, na súa visita a Cambados, pediulle á mocidade cambadesa que participe nas mobilizacións en contra do anteproxecto de lei.
Un anteproxecto de lei que só é apoiado pola Igrexa Católica e o PP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario