10 de mar. de 2014

O PATRÓN MAIOR DE CAMBADOS NUN ACTO “CUASI” DITATORIAL NÉGALLE O LOCAL DA CONFRARÍA PARA REUNIRSE O SECTOR DO CERCO.

MENTRES EN PORTOSIN MAÑÁ  CERRAN TODOS ESTABLECEMENTOS  EN SOLIDARIEDADE CO SECTOR DO CERCO.
Pero en que pais vivimos, como un Patrón Maior elixido polos mariñeiros do pobo négalle o Salón de Actos da
Confraría a un sector que está a vivir unha situación dramática para explicarlle en Cambados os mariñeiros do cerco como están as negociacións. Pero quen se cree que é este “señor” para denegarlle un dereito que teñen todos os mariñeiros de Cambados, quen se cree este “Benito I el Imputado” para  negarlle a casa dos
mariñeiros os seus lexítimos propietarios. Seguramente obedecendo a voz “dos seus amos” Aragunde e compañía, Benito Pelea nun acto sen precedentes na historia da confraría nega unha reunión de mariñeiros da mesma seguramente para evitar que se informe da verdade.
Tamén lle pediron  os mariñeiros do cerco que lles puxera un autobus para ir a mañan a unha manifestación que hai en Santiago e “Benito I el Imputado tamén se negou” alegando que non hai cartes, mentres outras confrarias se poñen ese autobus aos mariñeiros. 
Mentres en Portosin, bares tendas establecementos en xeral  pechan de 11:30 a 12:00 en apoio o sector do cerco. Que diferencia de pobos verdade,  uns servís perante o PP e outros solidarizándose cos mariñeiros. Cando levantaremos a cabeza e andaremos de fronte sen vergoña.
Por certo hoxe houbo unha xuntanza moi misteriosa na confraría do Patrón Maior a presidente das mariscadoras Isabel e outra mariscadora. Nótase que as eleccións están a volta da esquina.


Ningún comentario: