19 de mar. de 2014

O SINDICATO POLICIAL UFP, MINTE CON DESCARO NA AGRESIÓN SUFRIDA POLA DEPUTADA CAMBADESA MONTSE PRADO

INFLUENCIADOS,  POSIBLEMENTE , POLO DELEGADO DE GOBERNO, FAN UNHAS VALORACIÓNS FORA DE LUGAR.
O sindicado policial Unión Federal da Policía, por certo o único sindicato que “malla noutros sindicalistas” faltan a verdade descaradamente, influenciados posiblemente polo
impresentable Delegado do Goberno,  no asunto da agresión de Montse Prado, nunha nota que fixeron pública dicían: 
1º.- Estes “elementos” acusaron a deputada nacionalista cambadesa nada mais e nada menos que de
"entorpecer" o labor policial e de "tratar de obter o seu momento de notoriedade", xa que "tentou entorpecer o labor e actuación policial escondéndose e escudándose detrás do seu cargo parlamentario e dos numerosos medios de comunicación asistentes". Por iso,
reclamou a súa dimisión como parlamentaria.
2º.- O que nos parece aínda mais grave acusan a nacionalista de "pasar por diante e por encima de todos os enfermos que estaban a esperar” na clínica “A Rosaleda” 
3º.- Este pseudo sindicado acusa tamén a Montse Prado de defender a Sanidade pública e logo ir a privada.
4º.- E por último acusou a Prado de  que  amparándose na súa condición de parlamentaria, trata de obter réditos políticos a consta da actuación da Policía".
Ben ata aquí a sarta de mentiras e "patrañas" deste pseudo
sindicato policial que non di mais que “chorradas” , o propio BNG desmentía por boca de Jorquera  portavoz nacionalista, quen  afirmou que resulta “improcedente” que un sindicato realice valoracións políticas e pronuncie “infundios” a respecto da
deputada Monserrat Prado, “faltan a verdade coa única intención de manipular o acontecido”.
A deputada do BNG, explicou Jorquera acudiu ao servizo médico do Parlamento para ser examinada das lesións producidas nunha perna na carga policial e foi informada polo servizo
médicos da Cámara de que carecía dos escritos pertinentes de parte de lesións polo que foi remitida a un centro sanitario.
 “Foron os propios servizos médicos os que derivaron á deputada a clínica A Rosaleda” poñéndose en contacto co centro para iniciar os
trámites do parte de lesións, polo tanto, o que afirma o Sindicato Unificado da Policía é “unha burda manipulación”. 
En canto o primeiro punto dos aquí citados non fai falta dicir nada porque a seguinte imaxe dio todo, onde se pode ver como seis  individuos que se din policías de preto de dous metros de altura  agredían brutalmente a unha muller galega de apenas 1.60 de estatura. Iso no meu pobo chamase “COVARDÍA”.

En canto a que Montse se colara no centro médico, coñecemos a Montse de fai moitos anos, estivo traballando moitos anos como empregada na sanidade pública e si que vos podemos dicir que colarse non é o seu estilo, senón todo contrario no Centro de Saúde de Cambados, era respectada por todo o mundo e unha gran profesional. 
O cuarto punto non merece comentario por groseiro e tendencioso.




Ningún comentario: