19 de mar. de 2014

XARDAS, POLITIQUEO E XURELOS.

UN ARTIGO DE XAN GALBÁN
Sei de boa tinta e intúo que o PP local de Cambados anda polos bares e demais fortíns tentando
defender o indefendible,comentan que iso do Cerco e o reparto dos "cupos" éche politiqueo dos de arriba e que o noso alcalde defende ao sector. Que simple verdade?. O peor é que lles funciona ou peor aínda,teñen tan atada
á xente que nin se atreven a lles contestar, non vaian pensar que son doutro bando, agás se tocan cun afectado(a) directamente do sector que lle pode cantar ás claras o  fillo de... que poden chegar a ser.
O que teñen que explicar os defensores de Cambados cando toca de "a nosa Galicia"cando "apremia",  e de ESPAÑA cando vai ao peto,  é
como tendo un Presidente galego e de Pontevedra no nivel estatal, un amigo del na Xunta,  o Feijoo,  e unha alcaldía arousán que lles monta uns Mitins con seareiros, previo pago e mesmamente ideolóxicos.
Os "cupos" de pesca dos galegos é irrisoria,e nisto o Alcalde da estatua que
coñece o sector pesqueiro bastante ben se o defende que lle diga aos seus o que pensa que de apoios están baldeiros os alboios,claro que esta clase de pensamento caciquil e antidemocrático dálles maiorías absolutas dende hai xa anos e por iso menten e menten constantemente e non pasa nada;que
digan como por non pór botar a culpa a ninguén deciden que é politiqueo. Xa recomendaba Franco non meterse en política, coma se eles estiveran fóra do ben e do mal. Cando seremos conscientes que nós os cidadáns
votamos a uns representantes ás Cortes, ao Parlamento ou ao Senado?. Como se pode entender que un grupo municipal leve tantos anos no poder municipal se non é por que os resortes da democracia fan aguas por todas partes?. Jose Pepe a isto diría que é que son moi bos, alo menos para el o foron,mesmo con Alcaldes doutra cor,e logo nos
preguntamos como Euskadi lévase a Xarda á súa agua;ao peor é que en Euskadi goberna agora e case sempre unha Dereita nacionalista comprometida cos seus cidadáns onde o tecido empresarial ben formado e en constante actualización con polígonos industriais conforme ás demandas reais e estratéxicas e non ao servizo das Alcaldadas
de quenda,levan moitos anos con FP´s en continuo contacto coas empresas e premiando dende o goberno autonómico o I+D+I,cunha esquerda que,-excluíndo aos terroristas-,defende aos traballadores e con eles os intereses de clase e de país,e reconstrúen zonas industriais
degradadas facéndoas atractivas ao turismo coma o Gugenheim e non como en Galiza arrasando un monte para unha Cidade da Cultura que non serve absolutamente para nada;Iso é o que ten que contestar o PP de Cambados e de toda Galiza e
responder por que Euskadi se leva a mellor parte e os galegos deixarnos de choromiqueiras coma os anuncios de GADIS e cando nos digan"se chove...que chova" , responder : e a enerxía eléctrica que xera a onde vai?. Ben Jose Pepe a isto contestaría que son empresas privadas e politiqueo.

UN ARTIGO DE XAN GALBÁN.

Ningún comentario: