25 de mar. de 2014

PERDEMOS POBOACIÓN NO SALNÉS

PERO O QUE É PEOR ESTAMOS PERDENDO UNHA XERACIÓN SUPER PREPARADA.
Fai uns días todos os medios  contábanos  alarmados que no Salnés estamos a perder poboación agás en tres
concellos a Illa, Meis e Ribadumia, tres concellos pequenos, pero os de mais de 10.000 habitantes perden todos poboación. Hai quen lle bota a culpa a natalidade, que pode ser  a razón principal pero tamén estamos a perder
unha xeración preparada con carreiras universitarias, másters e moi moza que temos polo mundo adiante, en Chile, Estados Unidos, Inglaterra, Italia etc.
Vilagarcía, perdeu catro habitantes ao pasar de 37.436 a 37.432. O municipio que máis persoas empadroadas perde é O Grove, con
11.234. Cambados baixa, con 14.132 censados en 2012 a 14.108 ao ano seguinte. Meaño ten  5.453, quince menos que o ano anterior.  Vilanova,
cun padrón de 10.315 persoas fronte ás 10.401 de 2012. Sanxenxo, o segundo concello máis poboado de O Salnés, experimentou unha lixeira perda de veciños: de 17.427 a 17.407 nun ano. 
Galicia volveu ser o lugar máis castigado pola emigración o pasado ano. 15.746 persoas máis se inscribiron no exterior. O
incremento de emigrantes galegos no exterior foi o maior de todo o Estado en función do seu número de habitantes.
Son os políticos os que tiñan que resolver o problema sobre todo os do PP que sons os que dirixen o estado, a nación e a maioría dos concellos e que realmente están a facer é todo contrario, están a facer que perdamos o capital humano xa feito e iso é o peor que lle pode pasar a un pobo.

Ningún comentario: