O MELLOR GRUPO GALEGO DE MUSICA TRADICIONAL DO 2013 NON PODIA FALTAR NO CIRCUITO.
A Deputación de Pontevedra presentou o circuíto de concertos de nove artistas galegos que achegarán a todas
as comarcas da provincia, de maio a setembro, actividades culturais. Entre eles, inclúense o mellor grupol de musica tradicional do 2013 Premio Martín Codax, que non son outros que o grupo afincado en Cambados TREIXADURA; e o espectáculo de humor, debuxo e música que desenvolven Budiño, Carlos Blanco e Luís Davila.

A eles súmanse Amancio Prada; Luís Emilio Batallán Roi Casal, María do Ceo, Oscar Ibáñez,
Gustavo Almeida e As Cantareiras de Ardebullo, que acompañaron ao presidente da institución, Rafael Louzán, na presentación do evento e agradeceron a iniciativa da Deputación.
Gustavo Almeida e As Cantareiras de Ardebullo, que acompañaron ao presidente da institución, Rafael Louzán, na presentación do evento e agradeceron a iniciativa da Deputación.
Louzán destacou que esta actividade complementa as actuacións do Plan Cultural que ten un orzamento dun millón de euros, cos que garanten “preto de 2.000 actuacións nos 62 concellos da provincia”. Neste Plan Cultural participan1.244 grupos, formados por unhas 30.000 persoas
ás que agora se suman outras 33 actuacións de grupos e cantantes profesionais galegos.
ás que agora se suman outras 33 actuacións de grupos e cantantes profesionais galegos.
Estas actuacións levaranse a cabo en prazas e auditorios de vilas da provincia, entre maio e setembro, e ten un orzamento de 150.000 €.
No acto, Roi Casal, que agradeceu a
implicación da Deputación na iniciativa, sinalou que a algúns se lles enche a boca falando e defendendo a cultura galega, cando accións como esta de a Deputación de Pontevedra é un apoio real a ela.
implicación da Deputación na iniciativa, sinalou que a algúns se lles enche a boca falando e defendendo a cultura galega, cando accións como esta de a Deputación de Pontevedra é un apoio real a ela.
Batallán afirmou que “a cultura é tan necesaria como
comer” e se congratulou da iniciativa do Parlamento autonómico de incluír ao portugués nas escolas como xeito de ampliar a promoción da cultura galega.
![]() |
Luis Emilio Batallan |
Amancio Prada, polo seu lado, destacou “a grandeza de miras da Deputación” e anunciou que presentará nas súas actuacións o concerto escénico que, dirixido por José Luís Gómez, estreou no Teatro Español de Madrid sobre os Seis poemas galegos de García Lorca.
![]() |
Amancio Prada |
Treixadura, que no 2015 cumpre 25 anos, estreará cancións do seu sexto disco, que será editado a finais de ano, aquí vos deixamos cunha peza de treixadura que fixeron para o programa da TVG “No bico un cantar”.
Non nos doen prendas en alabar accións como esta da Deputación porque entre outras cousas é moi importante para a música galega , non só de Panorama vive o home.
Ningún comentario:
Publicar un comentario