30 de abr. de 2014

CARTA ABERTA A PERIODISTA BEA COSTA

POR LUÍS COSTA “FALUA”
Eu ben  sei que hoxe en dia conservar o traballo nun periódico , PENDE DUN FÍO , e ti ben sabes Bea , que amigos en común , con
moitos anos de antigüidade na VOZ ou no FARO , foron “chimpados” dos seus periódicos por non acollerse a liña editorial ou por non dicir “MEEEEEEE” cando o Xefe Comarcal “abría a boca” . Estes dias incluso botaron fora a subdirectora de “LA  RAZON” por discrepar co “Goebbels” de MARHUENDA. Despois de deixar claro como esta o “palangre” nas redaccións dos periódicos,  xa me dirás Bea , porque ese lavado de cara desde o xornal onde traballas a Benito Pelea , ¿FOI COUSA TÚA OU MANDÁRONCHE FACELA ? . Teño un bo concepto de ti e penso que  es unha boa
profesional e ademais o ser veciña do pobo ¡¡¡ SABES BEN “LA ALTA Y LA BAJA…… DEL PUEBLO”¡¡ ,  por iso , non chego aínda a crer que ti sabendo que Benito Pelea e un presunto  corrupto , chegaras a ese extremo de VALI....... . Tamén me pregunto , porque na entrevista non lle preguntaches onde meteu os 150.000€ que presuntamente  nos “sisou” dunha atacada os socios da confraría,  e non o digo eu, o di a OLAF (Oficina Europea de Loita contra o Fraude) e tamén a Consellería do Mar nun escrito remitido ao xulgado de Cambados onde se está a seguir a causa por Malversación de caudais públicos contra Benito Pelea . Despois de ler a entrevista comezo a dubidar dos que asinan  moitos artigos de prensa,  e tráeme a recordo unha etapa da miña mocidade , cando Manolo o "Xudio" (aquel mítico vendedor de periódicos) repartía na bicicleta os periódicos polas portas , e sempre que lle preguntabamos:  “Que novas hai?”  e  Manolo coa súa típica ironía,  nos dicía : “Falade baixo que hai moito ¡¡¡ VALIXERO* SOLTO ¡¡¡”
*Adulador.
UN ARTIGO DE LUIS COSTA "FALUA". 





FOTOS: GOOGLE IMAXES.

Ningún comentario: