30 de abr. de 2014

UN FAMILIAR DE OLGA COSTA DI DO REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS “TÉÑENOS AGARRADOS POR UN CORDEL ATE AS VÉSPERAS DAS ELECCIÓNS”

“O PASAR AS ELECCIÓNS , JINDAN CON ELES  E PODEREMOS VER OUTRA VEZ NA PRENSA COMARCAL , COMO SE VOLVEN A QUEIXAR” . DI O CITADO FAMILIAR.
A QUE XOGA OLGA COSTA COS POLÍTICOS DO PP?
Un familiar directísimo de Olga Costa non se corta un pelo
en facebook e non dubida por un momento en criticar a organización que dirixe Olga Costa  e acusala de estar manipulada politicamente , o familiar en cuestión di: “Como se nota que veñen as eleccións, dentro duns días outra foto de Louzán e Luís Aragunde
dándolle cartos a Esperanza Salnés. Téñenos agarrados por un cordel ate as vésperas das eleccións”. Estas manifestacións fainas o familiar directo de Olga Costa nunha nova  que di ”O Refuxio de Animais de Cambados asina unha nova colaboración” ilustrada dunha foto de Olga Costa co Tenente de Alcalde “Toñito Pombo”.  E segue a dicir o familiar en cuestión con respecto
ao Refuxio e a Olga: “o pasar as eleccións , tiran con eles,  e poderemos velos outra  vez na prensa comarcal , como se volven a queixar”.
E non lle falta razón a este familiar. A que está a xogar Olga Costa co pobo de Cambados e comarca coa súa relacións cos políticos. Toñito Pombo e Luís Aragunde non deixan de ser uns acólitos de Louzán a quen ela e a súa asociación tanto "denostaron".  
A MIN OS CANS SUDANMA” RAFAEL LOUZAN
Olga Costa, presidenta do Refuxio de Animais de Cambados, recordaba con tristeza como nun encontro con Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación de Pontevedra, asegurou en tres ocasiones: “a min os cans súdanma”.
Despois de dicir isto un político do PP,  é necesario que cada vez que fai unha campaña o Refuxio de Animais de
Cambados, teña que sacar unha foto cun político deste partido, ou é unha baixada de pantalóns en toda clase, como di o familiar de Olga Costa  “Téñenos agarrados por un cordel ate as vésperas das eleccións”. Insistimos a que está a xogar Olga Costa.
En fin podiamos seguir buscando na rede centos de comentarios do Refuxio contra Louzán e contra os políticos do PP, ausentes  todos eles naquela famosa manifestación o 21 de setembro do 2012 diante da Deputación Provincial a que por certo só acudiron políticos do BNG.
Este blog xa tivo unha vez un forte "encontranazo" con Olga
Costa por unha simple critica que ela non aceptou e incluso lle foi co conto o Alcalde que non dubidou en sacalo a relucir nun pleno do concello cando o administrador deste blog era concelleiro, daquela por disciplina de partido tivemos que calar. Pero agora non estamos atados politicamente a ninguén como o parece estar Olga Costa,  pois a súa organización recibe do Concello de Cambados  sobre 1700 euros mensuais, mentres o concello recorta en asistencia social  e outras necesidades mais imperantes as persoas, polo que  as criticas que poidamos ter de Olga Costa, como dicía Louzán cons cans “Sudanma”. 
Si desexas facer política faino Olga Costa, pero deixar de xogar “ o can e o gato” co pobo de Cambados. Mais fotos con políticos do PP non, senón a xente pensara que es como eles ou un deles. Esperemos que aceptes as criticas con deportividade, sobre todo vindo dun familiar directo teu. 

Ningún comentario: