30 de abr. de 2014

O PP DE GALLARDON “ABRE A PORTA” AOS GRANDES NARCOTRAFICANTES

COMEZA A EXCARCERACIÓN DE NARCOTRAFICANTES ESTRANXEIROS.
Todos sabiamos que o Partido Popular  ía favorecer os seus coas súas leis. A Audiencia Nacional  estima que a nova
redacción do artigo 23 da Lei Orgánica do Poder Xudicial non ofrece xurisdición á xustiza española para actuar contra narcotraficantes estranxeiros que naveguen por augas internacionais en barco sen pavillón
español e que non se dirixan ao noso país. É dicir, cando non haxa ningunha conexión con España.
Ese criterio supón apoiar, en principio, o dos instrutores Fernando Andreu, que excarcerou a oito narcos, e Javier Gómez Bermúdez, que liberou a outros oito días máis tarde. No segundo caso, o Pleno suspendeu
a súa decisión definitiva para poder comprobar algúns elementos que poderían vincular aos detidos co noso país (a policía pediu recentemente pinchar móbiles españois relacionados co caso). En canto aos liberados por Andreu, o suposto non foi abordado directamente polo
pleno.
Hoxe mesmo tamén se ceibaban trece presos marroquís por narcotráfico. O PP con esta lei abre unha porta tan grande ao narcotráfico que nin eles mesmos se imaxinaban.
Desta vez tanto Carmen Avendaño como a Plataforma criticaron en la Sexta a nefasta lei de Gallardón, coma sempre os medios comarcais e por suposto a TVG , silencio absoluto.

Ningún comentario: