15 de abr. de 2014

DEPLORABLE IMAXE DA PONTE A TORRE DE SANTO TOME

ESTA E IMAXE QUE DA LUÍS ARAGUNDE DE CAMBADOS EN PLENA SEMANA SANTA.
Hoxe mesmo o periódico Faro de Vigo publicaba unha nova que dicía “O obradoiro de Emprego de
Cambados finaliza con melloras no patrimonio”. Fala dunha serie de obras que fixo este obradoiro.  Hoxe tamén un amigo de Santo Tome, chámanos e dinos, por favor vinde mirar o estado da ponte,  e alá nos fomos coa nosa cámara. Nada mais chegar vemos que o comezo do paseo marítimo un farol estaba completamente estropeado,
seguimos e xa entrando na ponte que vai a mítica torre de San Saturnino, o estado deplorable  en que se atopaba a mesma, varias protectores de pedra tirados o chan e algúns que se movían.  Precisamente unha parella de turistas acompañada por unha filla de corta idade, o domingo pasado,  sentáronse  nunha destas pedras que forman a balaustrada desta ponte para que a nena lles sacara unha
foto, o sentir que a pedra se movía comezaron a gritar co susto que levaron e os gritos oíronse en medio Santo Tome saíndo incluso varios veciños alarmados. O mais grave que unha persoa moi preto ao Alcalde pasa
por alí todos os días e un concelleiro do equipo de goberno vive nas inmediacións da torre. Esta é a imaxe que quere dar Aragunde do noso pobo en plena Semana Santa. Simplemente lamentable e o mais lamentable é que nin Aragunde nin o director do obradoiro nin o concelleiro de
obras e servizos lle dixeran os que compoñían o Obradoiro que o primeiro que había que reparar era a balaustrada da Torre, monumento nacional, esquecemento lamentable.
 





Ningún comentario: