16 de abr. de 2014

REACCIÓN INMEDIATA DO CONCELLO DE CAMBADOS A UNHA NOVA DESTE BLOG

HOXE EMPREGADOS DO CONCELLO REPARARON A PONTE DE SANTO TOME.
Onte denunciabamos neste mesmo blog o calamitoso estado no que se atopaba a ponte de acceso a mítica torre de San Sadurniño, sita na Illa da Figueira no barrio de Santo tome. Non esperabamos menos, porque a denuncia era “escandalosa” a reacción do concello non se fixo esperar, e operarios municipais hoxe a
mañá procederon o reparación do farol así como das pedras que están caídas ou que se movían da ponte.  E logo hai que esperar Sr. Aragunde que un “blog de merda" como lle chaman vostedes,  denuncie un caótico estado dun
monumento histórico artístico da nosa vila para que se poñan man as obras?. Parécenos lamentable que o concello de Cambados funcione a impulsos, aínda que por outra banda nos alegra que este blog sirva, aínda que só sexa para iso, para poñer a traballar a Aragunde e o seu equipo en algo útil.


Ningún comentario: