21 de abr. de 2014

CARGANDO PILAS CUN GRUPO DE XENTE MARABILLOSA

VILA DO CONDE O LUGAR ELIXIDO PARA DESCANSAR UNS DÍAS
Estamos xa aquí de novo amigos despois da pasar uns días en Vila do Conde, un pobo precioso pertencente ao Distrito de  Porto e a subrexión do Grande Porto, con cerca de 25.700 habitantes, e
concretamente no Hotel Santana onde nos trataron de marabilla, pero o mellor de todo era o calor da xente e valor inmenso do grupo humano que viaxamos, son unha xente excepcional, xogamos, rimos, bailamos, paseamos, en fin foron catro dias que pasaron voando pero  que valeron para cargar pilas para todo un ano. Se hai que destacar a alguén e a Celso que foi o que fixo posible que este fiaxe fora un grande éxito, xa estou desexando que chegue o ano que ven para poder compartir novamente aventuras  en este  grupo tan especial.

Ningún comentario: