21 de abr. de 2014

MÓNICA GUILLAN TRIUNFA EN CAMARIÑAS

A CAMBADESA ACADA COAS SÚAS CREACIÓNS UN MERITORIO TERCEIRO POSTO NA “MOSTRA DE ENCAIXE”.
O Mostra do Encaixe de Camariñas dixo onte adeus coa entrega de premios aos deseñadores. Nun pavillón completamente abarrotado, a Cambadesa Mónica Guillán
acadou un meritorio terceiro posto neste difícil “arte” do encaixe coa súa colección titulada “Atricot Culture”.  A  desta edición foi a moañesa Eva María Trezado Carro, coa súa colección Ane non Ukihahi.O segundo galardón foi para as deseñadoras lucenses Sara Lage González e Lorena Grandío Regueiro e a súa colección Aether. 
Se algo caracterizou esta 24.ª edición da Mostra do Encaixe de Camariñas foi pola exquisita «calidade dos traballos»,
apuntou Franco Quintáns, director da pasarela. E engadiu: «Houbo verdadeiras obras de arte. Os deseños foron espectaculares, de moita calidade»,
Polo pavillón do Areal pasaron estes días 36 deseñadores, 27 deles noveis. Durante estes últimos cinco días celebráronse 18 desfiles, algúns deles espectaculares tanto desde o punto de vista das propostas presentadas como a posta en escena dos modistos. Algúns optaron por apostas arriscadas moi aplaudidas polo público asistente.

Ningún comentario: