21 de abr. de 2014

OPINIÓN: A COMARCA PERDE AUTÓNOMOS.

UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
Mentres no conxunto do estado se manteñen ou se recupera o numero de autónomos, na nosa comarca do Salnés
perdemos pequenas empresas e autónomos.Nos últimos cinco anos perdemos mais de 1.300 autónomos, pasamos dos mais de 10.000, no ano 2008, os 8.700 de finais do
2013.
Neste ultimo ano as cifras aumentaron en mais de 100 empresas que pecharon por culpa da crise. Quen mais sufriron a situación foron os autónomos relacionados co mundo da construción, como electricistas, fontaneiros, iesistas, transportistas, así como tamén o comercio e a hostalaría. A todo isto temos que sumar que a falta de crédito das entidades financeiras foi a gota que colmou o vaso, obrigando a empresas a pechar por falta de liquidez, aínda sendo "rentables".
As medidas adoptadas polos gobernos foron claramente insuficientes, incluso contraproducentes, como a lei de novos emprendedores, que o único que consigue e crear una desigualdade de competencia entre iguales,
favorecendo a uns fronte a outros. A nivel local os concellos non tiveron a ben, suspender ou minorar os impostos ou taxas locais, por exemplo un autónomo en cambados solo de vasoira ten que pagar mais de 600€ anuais. Mentres fora de aquí non pagan nin a metade. Por outra banda aí que mencionar a presión exercida por inspeccións de traballo, sanidade,e medios de transporte, que sancionaron a miles de empresas provocando en moitos casos o seu peche por non poder facer fronte as esixencias administrativas. E que dicir da presión nos controles de trafico, necesario pero o mesmo tempo causante da perdida de ingresos nas economías familiares.Outros sectores onde podía "repuntar a creación de empresas como no sector agrario, non existen políticas activas claras que incentiven a incorporación de xente nova o mundo da horta.
UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA

Ningún comentario: