INCIDENTES GRAVES NA PORTA DO CONCELLO DE CAMBADOS, POLA CONCESIÓN POLO MORRO DE POSTOS DE TRABALLO.
O BLOG CORES DE CAMBADOS SACA A LUZ O TEMA.
Fai un días no facebook falábase de que algo grave ocorreu
nas portas do concello de Cambados e incluso chegábase a dicir que houbera mais que palabras polo concesión polo morro de doce postos de traballo a simpatizantes de certo partido popular.
nas portas do concello de Cambados e incluso chegábase a dicir que houbera mais que palabras polo concesión polo morro de doce postos de traballo a simpatizantes de certo partido popular.
Aínda que o blog Cores de Cambados comeza a súa nova dicindo “Todo o
que ides ler agora é froito da imaxinación dun colaborador de CORES DE CAMBADOS, todo parecido coa realidade é pura coincidencia.”, segundo nos informaron outras persoas anónimas non é unha imaxinación é pura realidade, o noso criterio.

Segundo nos segue contando o Blog “Cores de Cambados” parece ser que houbo mais que palabras as portas do noso Concello a semana pasada. Resulta que un dia entrevistaron a preto de 50 persoas para 12 postos de
traballo . Suponse que estas persoas entrarán cara o verán.
traballo . Suponse que estas persoas entrarán cara o verán.
Ao dia seguinte expuxéronse as listas e foi cando os ánimos dalgúns aspirantes subiron de nivel ao ver a varios elixidos nas listas que fai pouco que traballaran xa no concello e a familiares directos de ex concelleiros.
Que varios aspirantes dos cerca de 50 que eran, xa
estiveran non fai moito a traballar no concello fixo que outros aspirantes teméranse o peor, detalle que se confirmou unha vez publicadas as listas.
estiveran non fai moito a traballar no concello fixo que outros aspirantes teméranse o peor, detalle que se confirmou unha vez publicadas as listas.
O PSOE E O BNG teñen a obriga ineludíbel de aclarar o tema e publicar o nome das doce persoas que entraran a traballar e se contan con familiares políticos no concello ou no partido de marras (interventores, apoderados nas eleccións etc). Mentres algúns dos nosos fillos teñen que emigrar polo mundo adiante con carreiras e masters, outros por pertencer a certo partido político teñen chollo no concello pese a súa incompetencia. Simplemente escándaloso , a poboación cambadesa debe revelarse contra estas inxustizas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario