28 de abr. de 2014

ONTE DEBUTARON NO CLUB JUVENTUD CAMBADOS TRES CADETES

O MEDIO ORGANIZADOR ANTON CHAVES FOI UN DELES.
O Club Juventud Cambados  de Cambados acomódase na zona media-alta da clasificación tras superar con xustiza ao
Guardés en Burgáns por 2-1. Agora é sétimo cun total de 43 puntos.
Os goles chegaron na segunda parte. Pablo Barreiro foi o encargado de abrir a conta no minuto 58. A vantaxe foi ampliada por Borja Chan só dous
Antón Chaves
minutos despois. O Guardés fixo o tanto do honor no minuto 89 por medio de Isidro. Esta seria unha mini crónica do partido, pero a nova en sí é o debut de tres rapaces do equipo cadete, concretamente Antón Chaves, Adrián Castro e Gonzálo, os tres contan con quince anos de idade. O que mais tempo xogou foi o medio organizador do equipo cadete Antón Chaves, quen ao parecer fixo bastante ben, Antón xogou toda a segunda parte, e foi fiel o seu estilo, controlantando,
Adrián Castro.
 temporizando e facendo xogar o equipo como fai sempre nos cadetes. Os nosos parabéns a Antón, Adrián e Gonzalo por este debut tan tempraneiro no equipo senior dos seus amores futbolisticos.
Esperemos que estes rapaces non se perdan e o ano que ven volva o equipo de xuvenís que falta fai como viveiro do senior.

Ningún comentario: