27 de abr. de 2014

O ESCULTUR CAMBADÉS MAIS INTERNACIONAL EXPORÁ EN MADRID E BARCELONA

FRANCISCO LEIRO INAGURA “PURGATORIO” O VINDEIRO DÍA 8 DE MAIO.
É sen dúbida ningunha o noso escultor mais afamado e mais internacional,  está na “estratosfera” dos escultores. Francisco Leiro inaugura o vindeiro 8 de
Maio e ate o 21 de xuño a súa exposición denominada “Purgatorio” (Podes ver todas as obras premendo AQUÍ  ) 
Francisco Leiro iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, completándoa na de Belas Artes de Madrid.
Representou a España en 1985 na Bienal de Sãou Paulo. Desde 1986 expón regularmente en ARCO, Madrid.
Establecido en Nova York en 1988, comezou
a traballar para a Galería Malbourough, unha das máis destacadas da arte contemporánea, un ano máis tarde.
Algunhas das súas obras públicas son a figura dun animal fantástico coñecido como Sireno (1991), levantado sobre dúas columnas de granito pulido verdes e negras na Porta do Sol de Vigo, símbolo controvertido da cidade, a Homenaxe a Castelao, na Alameda de Santiago de Compostela (1995), o Astronauta, Valdemoro (Madrid), Vértigo, na autovía M50 de Madrid (2004) e
Simeón sentado, ante Torre Espazo, Madrid.
Obras súas atópanse tamén en coleccións e museo de arte contemporánea e podes ver todo o seu dilitado hsitorial artístico premendo AQUÍ.
Novos horarios das sedes Marlborough en Madrid e Barcelona:
ORFILA 5, 28010 MADRID, SPAIN / TEL: 34.91.319.1414 / FAX: 34.91.308.4345 / HORARIO: L-S 11:00 – 19:00
VALÈNCIA 284, 08007 BARCELONA, SPAIN / TEL: 34.93.467.4454 / FAX: 34.93.467.4451 / HORARIO: L-V 11:00 - 14:00 y 15:00 - 19:00. Sábados cita previa
.

Ningún comentario: