27 de abr. de 2014

REFLEXIÓN EN VOZ ALTA SOBRE A SITUACIÓN DA PISCINA DE CAMBADOS

REALIZADA POLA USUARIA DA MESMA EULÀLIA PLANAS BACARISAS 
Como veciña de Cambados e como usuaria da piscina quero facer algunha reflexión sobre o posible peche da
mesma. Primeiro dicir que espero que se solucione sin pechala: somos moitos os que por razóns de saúde utilizámola e penso que o servizo que da é a un sector da poboación moi amplo e diverso tanto por idades como por procedencia. Deixar constancia do
bo facer do equipo de monitores, socorristas e personal auxiliar.As miñas dúbidas están centradas na xestión enerxética das instalacións: onte na prensa lin algo sobre posible cambio de caldeira para cambiar o combustible a pellets. 
Funcionan as placas solares que colocaron hai uns anos e
que ían dar servizo á piscina e aos vestiarios do campo de fútbol? Creo que tamén foron a cargo dunha subvención. 
As deficiencias da cuberta son debidas a pouco mantenemento ou se puido ir correxindo o seu funcionamento? 
Non teño ningunha dúbida de que o seu mantenemento é máis custoso ca o do
resto de instalacións deportivas, pero tamén é certo que todos os usuarios temos que pagar algo polo servizo. Non terán que mirar tamén que cumpre unha función social importante? Non se podería racionalizar o reparto das subvencións que veñen de distintas administracións?
E por fin, quero dicir que levan varias lexislaturas prometendo solucionar este problema: o malo é que creo que esquecen o prometido cada vez que volven a gañar. Seremos os votantes os que teñamos que recordar todas as promesas incumplidas.
EULÀLIA PLANAS BACARISAS, USUARIA DA PISCINA MUNICIPAL DE CAMBADOS.

Ningún comentario: