26 de abr. de 2014

“ESTA PISCINA É UNHA RUÍNA”

LUÍS ARAGUNDE ANUNCIA UN POSIBLE PECHE DA PISCINA MUNICIPAL DE CAMBADOS, SE NINGUÉN SE FAI CARGO DA MESMA.
Non por esperada non deixa de ser unha mala nova desagradábel.  A pésima xestión de Luís Aragunde e do PP
cambadés no tema da piscina practicamente non da outra opción que o peche da mesma agás milagre de derradeira hora. Que doado é gobernar cando hai cartos (época de vacas gordas) pero que difícil é facelo cando non os hai (época de vacas fracas). Neste senso Luís Aragunde deberíalle pedir consello o alcalde nacionalista Xoán Antonio Pillado quen practicamente sen subvencións facía marabillas no pobo. Un verdadeiro desastre Luís Aragunde como xestor.
A empresa xestora da piscina municipal trasladou ao Concello a súa intención de deixar a concesión. Así o anunciou o alcalde, Luís Aragunde, no pleno ordinario do xoves onde tamén mostrou a súa preocupación porque non haxa firmas interesadas en tomarlle a substitución.
A piscina municipal de Cambados é cada vez unha carga máis pesada para o Concello. Os gastos que xera en enerxía e combustible, só para quentala, roldan os cen mil euros anuais, e a cifra crece ano a ano.
O problema é a falta de hermetismo da cuberta móbil que, no seu momento, foi toda unha novidade, pero que co paso do tempo converteuse nunha maldición que fixo que a adxudicataria xa
intentase deixar a concesión con anterioridade.
No pleno do xoves aprobouse un recoñecemento extraordinario de créditos para afrontar os custos de combustible, e é que o mal estado da cuberta provoca constantes fugas de calor que fan precisa unha maior climatización.
“A situación non é fácil, non quixéramos ter que pechar a piscina” dixo o alcalde no derradeiro pleno. 
A Xunta de Galicia de Nuñez Feijoo, cantas veces anuncio a “a bombo e platillo” a reparación da piscina en cada comicio, pero coma sempre  minten mais que falan e os cambadesas tragan coma ovelliñas.

Ningún comentario: