26 de abr. de 2014

O PP SUBIU O PREZO DA LUZ UN 77% EN CINCO ANOS.

O BNG DE CAMBADOS FAI UN CHARLA O LUNS PARA EXPLICALO.
Cada pouco tempo sobe a factura da luz: hoxe pagamos un 77% mais no recibo da luz que hai cinco anos. Así, temos
as tarifas máis caras de toda a Europa continetal. As nosas facturas eléctricas son cada vez maís incomprensibles, pois non lles interesa que saibamos que é o que nos están a cobrar relamente. Pagamos por consumo eléctrico (“trérmino de enerxía”) menos da metade do total facturado. O resto son custos fixos  (“terminode potencia”), peaxes, impostos e déficit tarifario. Cada vez pagamos máis, ainda
que consumamos menos.
Todo isto grazas ás Lei 54/1997, do Sector Eléctrico, aprobada polo goberno de Aznar (cobra un sueldazo como asesor externo de Endesa) e que completou a “liberización”, isto é, a privatización  inciiada polos gobernos do PSOE. Estas e moitas cousas mais podes saber si acudes o acto publico que organiza o BNG, o
vindeiro lúns 28 de abril  ás 20.30 horas en Exposalnés, no que falarán Victor Caamaño, Portavol municipal do BNG de Cambados, Montse Prado, Deputada do BNG no Parlamento Galego e Aleixo Vilas, Coordinador da Comisión de Economía do BNG o titulo da charla é “#oNegocioDasEle´ctricas Que di o noso recibo da luz?



Ningún comentario: