9 de abr. de 2014

EXITOSA ACTUACIÓN DO GRUPO DE TEATRO ILIRIA EN SANTIAGO

NO MESMO MILITA UN GRAN ACTOR AFECCIONADO: O CAMBADÉS MANOLO PILLADO.
     Durante os días 2, 3 e 4 deste mes celebrouse en Santiago de  Compostela o VII Ciclo de Teatro Comunitario,
que nesta ocasión contou coa participación do grupo de Teatro ILIRIA, de Vilagarcía. A edición deste ano tivo como eixo temático a  “Convivencia entre linguas” e nela participaron un total de nove grupos de teatro de distintos puntos de Galiza. Organiza este Certame a Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Información e
o Grupo Enlata Teatro da Facultade de Ciencias da Información, coa colaboración de diversos colectivos como a Rede de Centros Socioculturais de Santiago, o Colexio de Educadores Sociais de Galicia e a Mesa de Normalización Lingüística,
entre outros. 
     As obras presentadas deberían cumprir, entre outras, a condición de ser unha creación orixinal, ideada e creada específicamente para esta Mostra de Teatro. O grupo de teatro Iliria, cun elenco formado por Alicia Dios, Sergio Piñeiro e Manolo Pillado, presentou a súa obra SIMPOSIUM, que recolleu excelentes críticas do público asistente e da organización.

Ningún comentario: