9 de abr. de 2014

O BNG DE CAMBADOS CARGA CONTRA OS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

INCOMPRENSIBLEMENTE ESTES SERVIZOS NON PRESTAN , SEGUNDO OS NACIONALISTAS, UNHA BOA LABOR.
Os nacionalistas cambadeses do BNG veñen de denunciar mediante a presentación dun escrito no concello de
A concelleira Ana Isabel,
responsable do Servizo.
Cambados que hai uns días, un grupo de usuarios/as dos servizos sociais do concello de Cambados, trasladáronlle ao seu grupo,  unha queixa relacionada coa excesiva tardanza na espera antes de ser atendidos por dito servizo, pois cando necesitan solucionar ou consultar determinadas cuestións burocráticas, teñen que agardar gran parte da mañá.

Como, ademais, moitos destes trámites deben ser realizados por persoas con dependentes ao seu cargo, resultan realmente un inconveniente que deban agardar gran parte da mañá no concello antes de ser atendidos, mentres ca nas súas vivendas, os dependentes ao seu cargo, permanecen desatendidos, creándose unha situación que podería ter
unha doada solución de tomar as axeitadas medidas; polo que veñen a solicitar que desde o concello se realicen as actuacións necesarias (implantar a cita previa vía telefónica ou vía web municipal, por exemplo) para solucionar esta deficiencia, o que redundaría na  mellora da calidade na atención dos servizos sociais municipais.
Quen realmente se ten que poñer as pilas e a concelleira de servizos sociais neste caso o cargo recae en  Ana Isabel Oubiña Santos.

Ningún comentario: