25 de abr. de 2014

GRUPINFOR DA UN CURSO DE AUTODETERMINACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE: APOIO AUTOXESTOR

DENDE HOXE 25 DE ABRIL ATE O 1 DE XULLO.
Hoxe (venres 25 de abril de 2014) deu comezo nas instalación de GRUPINFOR en Cambados o curso AUTODETERMINACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE: APOIO AUTOXESTOR de 210 horas de duración (135 teóricas e 75 horas de prácticas non laborais en empresas).
Trátase dun curso totalmente GRATUITO financiado polo
SPEE (Servicio Público de Emprego Estatal), a Fundación Tripartita para a Formación e o Emprego e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, destinado a xóvenes desempregados menores de 30 anos.
Desde hoxe ata o 1 de xullo, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas, 25 rapazas e rapaces da zona aprenderán primeiro na aula e despois nas prácticas en asociación para axuda a discapacitados, xeriátricos… como desenvolver estas función de apoio para lograr a autodeterminación dos discapacitados nos diferentes ámbitos da vida.

Ningún comentario: