23 de abr. de 2014

LUIS ARAGUNDE PERMITE NO CONCELLO DE CAMBADOS MOITAS ILEGALIDADES CON RESPECTO O HORARIO DOS EMPREGADOS PUBLICOS

OS ENCHUFADOS DO ALCALDE NON CUMPREN O HORARIO, É MAIS,  FAN HORAS DE MENOS E COBRAN HORAS EXTRAS DEMAIS.
FUNCIONAROS CON IDEAS CONTRARIAS O GOBERNO SON "PERSEGUIDOS" E NON ENTRAN NA “TARTA DAS HORAS EXTRAS”.
O BNG ven de remitirnos unha dura nota de prensa,  pero
fiel reflexo da realidade   das ilegalidades que están a pasar nese “Mar de Enchufismo” que o Concello de Cambados. Os nacionalistas afirman que desde hai uns meses, o concello de Cambados conta cun sistema de
rexistro de persoal, por pegada dixital, para o control horario da xornada laboral, polo que  se entende que desde o momento en que este sistema de control entrou en funcionamento, todos/as os empregados municipais deben fichar á entrada e á saída diaria do traballo que
desempeñan e, así mesmo, entendemos que a razón para implantar este novo sistema de control horario só pode ser debida a que con anterioridade se detectaron casos de persoal municipal que non  cumpría debidamente o seu horario. Así mesmo, segundo as informacións de
que dispón o BNG, o horario diario xeral do concello, comeza ás 7:45 horas e remata ás 15:15 horas (momentos de entrada e saída nos que debería fichar o persoal) aínda que ata o BNG, chegaron queixas de persoal municipal afirmando que a pesar da implantación do novo sistema de control horario de xornada
laboral, as entradas e saídas de certo persoal “privilexiado” non cambiou en absoluto con este novo sistema e segue a ser tan pouco axustado ao esixido para a xeneralidade dos traballadores, coma sempre; é dicir, que as cousas non cambiaron coa implantación do novo sistema salvo para os/as traballadores non
privilexiados, que si teñen que fichar e cumprir, mentres comproban como o novo sistema de rexistro non implica as mesmas esixencias para todos/as. Ademais, o BNG entende que esta problemática está directamente relacionada coas irregularidades no cobro de gratificacións e complementos de produtividade por unha parte do persoal municipal; asunto que leva  anos
denunciando o BNG e sobre o cal non lle convencen as explicacións, a tal efecto, realizadas polo Alcalde (xustificando esta cuestión como debida a urxencias realizadas polo persoal de mantemento, mentres que realmente pode comprobarse que se trata dunha cuestión relacionada, sobre todo, co persoal de oficina). Concretamente
referímonos aos documentos das consecutivas Contas Xerais onde aparece, repetidamente, no Informe da Intervención Municipal, as referencias ás ilegalidades nos cobros de gratificacións (sempre para as mesmas persoas, sempre nas mesmas cantidades: “en realidade
non é unha gratificación, é un soldo”; concretamente na Conta 2012 di, máximo legal: 80 horas/ano,  mentres que algunhas gratificacións refírense a 300 horas anuais) e, igualmente, ilegalidades no referido aos
complementos de produtividade sen que existan criterios obxectivos –segundo Intervención- (o que significa asignar complementos para os mesmos/as traballadores/as todos os meses), esta é a razón pola que solicitan do  incompetente do noso alcalde  responda ás seguintes preguntas e peticións: 
* Preguntas: 
1.- Que cargo ou empregado do concello é o responsable
de realizar o control do novo rexistro dixital de entradas e saídas de persoal? Quen ten acceso a este rexistro?
2.- Pode ser manipulado ou alterado, este novo sistema de rexistro, unha vez feito o rexistro dixital do persoal? 
3.- Durante canto tempo se almacenan os datos sobre estes rexistros? 
4.- Que traballadores/as do concello teñen un horario diferente ao referido con anterioridade (de 7:45 horas ás 15:15 horas)? Que horario diferente teñen, concretamente estipulado, outros traballadores?
* Peticións:            
1.- O BNG solicita ter acceso aos  rexistros de control laboral de entrada e saída de persoal desde que entrou en funcionamento o novo sistema dixital.
2.- O BNG solicita ter acceso aos informes mensuais, dos anos 2013 e 2014, da Intervención Municipal relativos a cobros de gratificacións e complementos de produtividade.

Ningún comentario: