23 de abr. de 2014

O BNG DE VILAGARCIA O UNICO QUE FIXO UNHA PROPOSTA SENSATA NO TEMA DA SUPRESIÓN DOS PARTIDOS XUDICIAIS.

A XUNTA DE GALICIA DE RUEDA CRESPO ALEGARÁ PARA QUE SÓ SANTIAGO, FERROL E VIGO QUEDEN COMO TRIBUNALES DE INSTANCIA, DOS DEMAIS NIN FALAN.
ARAGUNDE SEGUE SEN REUNIRSE NIN COS XUICES DE CAMBADOS NIN COS FUNCIONARIOS, COLECTIVOS IMPORTANTISIMOS NESTE TEMA.
Os edís nacionalistas vilagarcianos propoñen á corporación
o acordo para instar ao Estado a retirar o anteproxecto que inclúe unha organización xudicial baseada na existencia dun único tribunal de instancia de ámbito provincial. Suscitan o impulso da reforma xudicial que implique a transferencia a Galicia da competencia exclusiva sobre a delimitación da demarcación e planta xudicial. Os edís do BNG tamén expresan a oposición á supresión dos partidos xudiciais nas vilas que son cabeceras de comarca, como é o caso de Vilagarcía e Cambados.
Os populares cambadeses so están a facer o paripé e queren quedesde o Concello se promuevan actos e accións conxuntas co resto dos concellos da comarca de Ou Salnés e limítrofes tendentes á revisión do texto presentado nas Cortes Xerais para a súa trámite parlamentario. Pero nos preguntamolle ao alcalde como quere propoñer accións conxuntas si ate o día da data nin se reuniu co xuiz decano de Cambados nin por suposto cos represantes dos funcionarios. Luis coma sempre está enganar a todo
mundo, el nunca vai ir en contra de Lei de Gallardón, porque o final é a Lei de Rajoy.
A moción socialista limítase a propoñer un acordo polo que se inste á Xunta de Galicia a reclamar do Goberno de España o mantemento do partido xudicial de Cambados.
A XUNTA DE GALICIA DE RUEDA CRESPO ALEGARA PARA QUE SO SANTIAGO, FERROL E VIGO QUEDEN CON TRIBUNALES DE INSTANCIA, DOS DEMAIS NIN FALAN
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe que o Ministerio de Xustiza vén de enviar ás Comunidades Autónomas o anteproxecto de Lei orgánica do poder xudicial e de pedirlles informe sobre o texto, ante o cal o conselleiro xa anunciou que a Xunta presentará alegacións para que se recollan as especificidades da organización xudicial en Galicia.
"O Ministerio acaba de pedir un informe e nós diremos,
dentro das nosas competencias, como cremos que debería ser a organización xudicial en Galicia", explicou Rueda nunha entrevista na Cadena Ser. Nese sentido, avanzou que a Xunta fará "todo o posible" para que as reclamacións galegas "sexan atendidas polo Ministerio", do que agardou "sentido común" para atender as suxestións e consideracións que están a facer os distintos colectivos, entre os que tamén estará a Xunta.
Hai que recordar que o anteproxecto de Lei orgánica do poder xudicial aínda se atopa nunha fase inicial e debe seguir unha longa tramitación, nun proceso no que aínda
faltan os informes das Comunidades Autónomas, do Consello de Estado, a súa aprobación definitiva en Consello de Ministros e a súa remisión ao Congreso para a súa tramitación parlamentaria, entre outros pasos.
O Goberno galego xa adiantou que o anteproxecto non é plenamente do seu agrado e que por iso presentará alegacións e suxestións ao texto, que van na liña de permitir tribunais de instancia cun ámbito distinto ao provincial –o que permitirá somentes  que cidades como Vigo, Santiago ou Ferrol manteñan o seu status xudicial (das demais nin falar.– e que exista flexibilidade na súa aplicación para que as propias autonomías teñan capacidade de definir o seu mapa xudicial, en coordinación co poder xudicial.

Ningún comentario: