24 de abr. de 2014

O CINEASTA CAMBADÉS JUAN GALIÑANES COMEPTIRÁ EN VIGO CONTRA OUTRAS TRECE CURTAMETRAXES

A TERCEIRA EDIFICIÓN DO FESTIVAL DE PRIVAMERA DO CINE, ESPERA  A «3-1=0», 
A terceira edición do festival Primavera do Cine, que se celebrará en Vigo entre o 4 e o 8 de xuño, contará coa
participación na selección oficial de sete longametraxes, catorce curtametraxes e trece videoclips, seleccionados entre duascentas obras recibidas.
Na categoría de curtametraxes competirán 14 obras, que se proxectarán en tres bloques cunha duración dunha hora aproximadamente. Entre os participantes
atópanse «3-1=0», de Juan Galiñanes, gañadora recentemente do Mestre Mateo, ou «Dinosauros en 3D», de Juan Beiro premiada en festivais de Italia, Colombia e España. O público será quen decida cal é a obra que resultará gañadora. Tamén participarán «Chea es de
graza», de Pedro Sancho; «Aquarium Nostrum», de Xisela Franco; «Sangue de Unicornio», de Alberto Vázquez; «Segundos», de Pablo Martínez, Ana Pontes e Juan Guerci; «October», de Gonzalo Caride; «Vacacións», de Xiana Gómez; «Pato extraterrestre», de Pedro Sancho; «Mal de sangue», de Pedro Díaz; «Tupper», de Ángel Manzano; «Everest», de Rafa dos Arcos; «Suicidio lamprea», de Guillermo Arias-Carbajal; e «Deil», de David Rodríguez.

Ningún comentario: