24 de abr. de 2014

NUN DOS SEUS TÍPICOS PASEOS MATINAIS

TOURÍS  E ARAGUNDE VISITAN UN DEPURADORA EN TRAGOVE QUE QUE EMITE UN VERTIDOS DUN XEITO RARO
Unha páxina da Xunta publicaba o 11 de abril pasado a nova de que o  delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José
Manuel Cores Tourís, nun dos seus paseos que fai pola provincia (traballa menos que os Reises Magos), visitou esa mañá, en compaña do alcalde de Cambados, Luis Aragunde (outro que tal baila a hora de traballar), unha depuradora de moluscos para coñecer a investigación preindustrial de sistemas innovadores para a
mitigación das toxinas diarreicas no mexillón que está a desenvolver esta firma cambadesa e no que colaborou a Xunta de Galicia a través da iniciativa Conecta-Peme 2013 da Consellería de Economía e Industria.
Nesta visita estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería de Economía e Industria, Ignacio Ria.
Ata aquí non ten nada de particular a nova, tratase dun paseo mais destes dous “palanguins” que non pegan un pau a auga, senon fora por unha foto que publica hoxe unha lectora do noso blog no seu facebook, unha foto que o que pasa nela podedelo ver todos os días en Tragove, unha foto que lle chamou a atención a nosa lectora e a outra xente. Probablemente tratase do lugar donde esta depuradora virte o mar. Non estamos a dicir que o que virtan sea ou non nocivo, pero cando menos é raro, raro, raro.

Ningún comentario: