24 de abr. de 2014

ROCK NO ENCONTRO

O GRUPO  THE LÁKAZANS EN CONCERTO EN BARRANTES
Maña a partir das 23.45 primeira actuación de The Lákazans no mítico Encontro de Barrantes. Un concerto na terra dun
viño coma este ten que ser especial si ou si... ou polo menos "peleón". Non deixes escapar esta oportunidade por chorarlle os 3 euriños que custa a entrada.
Estes mozos,  The Lakazáns,  que empezaron na capital galega, e tiveron
o seu primeiro escenario no bar Ou Miúdo da zona vella, son agora un dos grupos que mellor representa o son soul na comarca de Barbanza. En total, son sete os compoñentes da banda, dúas mozas, Sabela e Almudena, ambas vocalistas; e cinco mozos, Benja, guitarra e
mandolina; Isma, guitarra e armónica; Figui, armónica; Trilli, batería; e Fran Veo, baixo.
A peculiar denominación do grupo ocorréuselle ao irmán de Sabela e
como tiñan que tocar en Escarabote e a todos gustáballes o nome polo enxeño que desprendía decidiron tomalo como seu.
Uns, familia de artistas, e outros, pais melómanos; todos levan o gusto pola música nas venas, polo que non é de estrañar que estes mozos decidisen montar unha
agrupación que reflectise os seus diferentes gustos no ámbito musical.
Soños e inspiracións
O soño de The Lákazans era conseguir tocar nalgún local importante de
Galicia, como a Sala Capitol de Santiago de Compostela, ademais de poder chegar a vivir algún día desta paixón «Gustaríanos poder dedicarnos exclusivamente á música, pero nestes tempos é difícil», afirma Sabela. Aínda que o seu soño sexa ligeramente utópico nestes tempos que corren, o grupo non se rende e
investirá o cheque que o Curota Sound deulles en mellorar o seu equipo: «Queremos material de son, microfonía, cableado para mellorar a nosa calidade en futuros concertos», di Benja.
A banda atopa a súa inspiración e a súa referencia nos grandes clásicos, como Elvis Presley, Bob Dylan ou Neil Young para conformar un estilo que integre todas as vertentes do soul, o country ou o blues. Comparten gustos comúns, pero remarcan diferenzas nos seus inicios na industria musical: «Gustábame moito o rock duro, pero aos poucos fun depurando o meu estilo e acabei, paradójicamente, tocando cancións dos anos 20 e 40», engade Figui.
Conta xa con tres temas propios: Mexican blues inspiration, que define como un blues instrumental con toques inspirados na música dos Lobos; Fat J. in my veins, que empezou como outro tema instrumental creado por Isma ao que Sabela outorgoulle letra e outro blues que aínda carece de nome.

Ningún comentario: