8 de abr. de 2014

REUNIÓN NO CUMIO

LUÍS ARAGUNDE E GONZALO DURAN TEÑEN PREVISTO REUNIRSE MAÑÁ  NUN RESTAURANTE DA ZONA PARA “XANTAR”. 
Mira que está a dar que falar o tema Luís Aragunde-Gonzalo Durán. Hoxe o noso espía no concello de Cambados fíxonos chegar que mañá os dous alcaldes do PP teñen unha comida de “confraternidade”, nun restaurante da zona  o que
non sabemos é o nome do restaurante e a localidade, ata aí non chegou a noso, espía e sobre todo o tema que se vai tratar.
O xantar obviamente pode ser para, principalmente,  dúas cousas:
1º.- Tratar de solucionar as cousas polas boas e tratar de minimizar o mais posible este penoso incidente no que Gonzalo Durán, segundo algúns pasouse tres pobos, primeiramente por un rexedor municipal ten que
dar exemplo, e
2º.- Poñer as cartas boca arriba  e empezar a tirarse os trastes a cabeza como de feito veñen facendo ate o de agora. 
Nos inclinámonos mais pola primeira opción e de seguro que o “Orellas Grandes” tivo que ver algo nesta reunión, a cal non sabemos tampouco si vai acudir algún mediador, pero de seguro que algo transcenderá.
Non esgotamos a posibilidade que suspendan a xantar ao ter coñocemento desta nova, para querer deixar mal a este medio, pero en principio as fontes que temos son “superfiables”.

Ningún comentario: