7 de abr. de 2014

“TRES ERAN TRES” AS GRANDES EXPOSICIÓNS QUE PODEMOS VER EN CAMBADOS”.

“ESTABLECIMIENTOS OTERO”, “BAR REYMAR” E “A DE LUPE” ONDE PODES VELAS.
Durante varios dias podemos gozar en Cambados de tres grandes exposicións, a cada cal mellor. 
A primeira podémola ver en Establecimientos Otero da Cabana, ao carón da estación de servizo onde podemos apreciar os cadros dos cambadeses Fernando Arenaz e Emérita Méndez os cales nos dan conta  dos seus  derradeiros traballos,  Fernando titula a súa exposición como “Novos Herores” e Emérita denominou a súa  cun titulo moi orixinal “Chsss”.
Xa acercándonos a Cambados e despois de pasar pola praza de Fefiñans podemos achegarnos o Bar Reymar sito
na Praza “Clemencio Pulido”, alí podemos apreciar tamén os derradeiros traballos de Abel Barandela, garda civil que estivo destinado en Cambados e un gran e curioso pintor, xa que a maioría dos seus cadros usa como materia prima o viño tinto, por tal labor  foi nomeado Valedor da orde do Viño Tinto do Salnés en Ribadumia.
Por ultimo Edu Charlin inaugurou tamén o pasado venres en “A de Lupe”, na Rúa Isabel II de Cambados,   tamén os seus derradeiros traballos cheos de color e volume, ou sexa que si tedes tempo  dar unha volta polas mesmas, o mais curioso de todo e que o concello non ten nada ver en ningunha delas, o que nos leva a dicir que a iniciativa privada aínda funciona.

Ningún comentario: