22 de abr. de 2014

USUARIOS ANOXADOS DENUNCIAN O O PÉSIMO ESTADO DON PEIRAO DAS GORITAS

PORTOS DE GALICIA O ÚNICO QUE FAI E “TIMAR” AOS MARIÑEIROS CAMBADESES, QUE PAGAN POR UN PÉSIMO SERVIZO.
Usuarios do peirao das Goritas volveron a  dirixirse directamente a Mateo Ruival Fernández (Xefe da Zona Sur-
Pontevedra) de Portos de Galicia , ao ver que séguese sen facer nada do que está pendente no calamitoso e avergóñante estado do peirao das Goritas de Cambados. Ese peirao esta estruturado en 4 brazos, dous á dereita
onde están amarradas as embarcacións de 3ª lista, e dous á esquerda onde están amarradas as embarcacións de 7ª lista. Recentemente no lado dos da 7ª lista instaláronse os fingers para amarrar mellor pero para  sorpresa dos denunciantes,  no lado da 3ª
lista aínda non se instalou nada. Os usuarios  o que queren saber é si a instalación dos finguers no lado da 3ª lista se vai realizar ou non se vai realizar. 
No caso de que aínda non este pensado instalar os finguers no lado da
3ª lista por parte de portos de Galicia os usuarios solicitan que os instalen por que os mariñeiros teñen que amarrar decentemente e non como están a  facer agora tendo que fondear, utilizar “muertos” para amarrar e iso fai que tanto a entrada coma a saída das embarcacións sexa dificultosa xa que ó haber “muertos” con
boias as hélices das lanchas engánchanse nos cabos. Aparte cando hai vento ou temporal de sur, as embarcacións petan contra o peirao causando danos tanto nas lanchas coma no peirao, aínda que xa leva tempo que esta feito un autentico asco porque o das Goritas debe ser o peor peirao de toda a Ria de Arousa. Incluso us usuarios atrévense a a dicir que de toda Galicia.
Cando hai secas grandes moitas embarcacións non poden saír polos tubos que quedaron cando se fixo o peirao, onde moitas veces rompen as hélices ao bater cos tubos, non entenden como despois de case 20 anos eses tubos aínda seguen hai cravados no fango, así como a necesidade de dragar toda a
zona porque quedan embarcacións encalladas coas secas grandes e con secas normaís tamén é dificultoso tanto entrar como saír do peirao.
As bases onde deberían botar auga doce e ter os enchufes para a electricidade levan anos e anos todas rotas, tiradas encima e no fondo da auga do peirao e cos cables soltos, non hai unha que funcione.
Faltan moitísimas cornamusas para amarrar no peirao. Din os usuarios que  este peirao da pena e é unha auténtica vergonza que un pobo coma cambados teña un peirao nesas condicións pésimas e deplorables cando os peiraos do resto da ria están impecables. Piden os usuarios por favor que solucionen isto dunha vez e arranxen o peirao, draguen a zona, instalen
as bases para a auga e a electricidade e instalen as cornamusas para amarrar decentemente as embarcacións.
Os mariñeiros e usuarios en xeral teñen dereito a amarrar decentemente, non so a pagar taxas absurdas de Portos de Galicia coma a dos Faros, recadación pura e dura.
Pois xa que pagan  por pagar, reparenlle o "puto" peirao.
O 23 FEB DE 2012 A ASOCIACIÓN DE PESCA " AS JORITAS XA DENUNCIABA ESTE LAMENTABLE ESTADO.
A  Asociación de pesca “As Joritas”  xa denunciou   o lamentable estado do peirao “as goritas” o 23 de febreiro de 2012 e xa daquela  barallaban negarse a pagar as taxas portuarias.
http://atimeucambados.blogspot.com.es/2012/02/asociacion-de-pesca-as-joritas-denuncia.html
OBRIGATORIO BOTIQUN PARA AS PEQUENAS EMBARCACIÓNS
O "intelixente" do capitán marítimo de Noia, que foi o que puxo a denuncia para que as embarcacións da Ria de Arousa tamén
pagasen a taxa de faros, en vez de denunciar en contra dunha ria o que tiña que facer era intentar que se cancele a norma para todas as rias en vez de atacarse uns a outros, con xente tan lista no mando así lles vai aos mariñeiros. Aquí vos deixamos un par de fotos do armatoste este que lles queren obrigar a por a prezo de ouro como non ía ser doutro xeito, por certo, a coca cola e das firmes das de 2 litros, facede contas....do armatoste en cuestión.

Ningún comentario: