20 de maio de 2014

A ANPA OS OLMOS ORGANIZA UNHA JIMKANA E XOGOS POPULARES PARA ESCOLARES

O VINDEIRO 1 DE XUÑO NO PASEO MARITIMO
A xunta directiva da Asociación de Nais e Pais Os Olmos, do colexio de San Tomé, está organizando unha serie de
actividades, como jimkana e diversos xogos populares para escolares, que se celebrarán no paseo marítimo o vindeiro día 1 de xuño.
A asociación vai cursar invitación a outros colexios para que envíen os alumnos que desexen participar e,
ademais dos xogos, esta actividade inclúe unha merenda para todos os participantes ademais dunha festa da escuma. 
Os xogos populares estarán adaptados para todos os nenos que desexen participar, pois cóntase coa colaboración da asociación BATA. Tamén se conta coa
colaboración dalgúns anciáns do asilo de San Tomé para explicar ós máis novos os xogos que eles coñecen e ós que tal vez practicaron nos seus tempos mozos. 
Os rapaces teñen que participar nos distintos xogos en parella cun adulto,
que pode ser pai, nai ou irmá maior. Os socios da Anpa participan de balde mentres que os non socios deberán abonar 5 euros por parella. 
Outra entidade que prestará a súa colaboración é o club de Piragüismo, que aportará monitores e embarcacións para que os participantes poidan adquirir nocións deste deporte.

NOVA RECOLLIDA DE MAIS CAMBADOS.


Ningún comentario: