20 de maio de 2014

“PIBE” ENTRA CON LETRAS DE OURO NA HISTORIA DE CAMBADOS O DEBUTAR EN 1ª DIVISIÓN.

PIBE: “CUMPRÍN O MEU SOÑO, É UN DÍA QUE NUNCA ESQUECEREI”
O futbolista cambadés Agustín Pastoriza, Pibe, debutó o domingo en Primeira División co Real Betis ante o Osasuna
no Reino de Navarra. Aos seus 17 anos, o extremo zurdo cambadés viu cumprido o seu soño de xogar ao máximo nivel do fútbol profesional en España. Pibe entrou ao terreo de xogo no minuto 55 en sustitución de Matilla. O seu equipo perdeu 2-1, un resultado
que non evitou o descenso do Osasuna, nun partido marcado por unha avalancha tralo primeiro gol navarro que que se saldou con varios feridos de diversa consideración. O partido estivo suspendido durante media hora. 
Ao adestrador arxentino do Betis Gabriel Humberto Calderón non lle tremeu o pulso para dar entrada na segunda parte ao mozo cambadés. Co
49 ás costas, o futbolista de pai arxentino e nai cambadesa, xogou moitísimo desparpaxo e mostrábase moi feliz ao término dun partido, que tivo unha dedicación moi especial. “Hoxe cumprín o meu soño que tantos anos busquei, isto vai pola miña familia. Hoxe é un día que nunca esquecerei”. Pibe agradeceu as mensaxes de apoio e as felicitaciones que
recibiu ao longo da tarde de moitos amigos e excompañeros do Cambados, A Seca, Arosa e Pontevedra, equipos nos que militou antes de recalar esta tempada no Betis da man do exentrenador do Vilalonga Guillermo Fernández Romo.
Na grada do Reino de Navarra, os seus pais, Daniel e Alejandra, tamén viviron con intensidade o debut do seu fillo Agustín nun día para o recordo. Fai tan só un ano Pibe xogaba no equipo xuvenil do Pontevedra.
NOVA RECOLLIDA EN DIARIO DE AROUSA 





Ningún comentario: