1 de maio de 2014

A DESEÑADORA EVA SOTO DEBUTA EN “ARTEFACTO SALNÉS”

A MOSTRA INAUGURASE O MAÑÁ VENRES AS 20.00 
Mañá venres inaugurase no Pazo de Torrado  “ARTEFACTO SALNÉS” unha especia de mostra artística idea do pintor e mestre
cambadés Fernando Arenaz.  Este ano a gran novidade é a participación da deseñadora cambadesa Eva Sota, que como todos sabedes é licenciada en Belas Artes ademais  dunha fenomenal modista, senso a súa especialidade os vestidos de papel cos que fai verdadeiras obras de arte. Tamén estarán outros artistas Cambadeses como Manolo
Paz, Lino Silva (que aínda continua hospitalizado) Emérita Méndez, Xulio Gayoso, Iria Ribadomar e outros da comarca como  Xaquín Chaves, Uxío López, Lois Magariños.
Ademais este ano haberá dous talleres a maiores, un de fotografía e outra de textos escritos. No de fotografía participarán  José Luiz Oubiña e Quico Alvarez e no das letras o amigo Xan Galbán, Manolo Chazo, Ramón Caride, Begoña Chaves e Augusto Chaves. A exposición vaise chamar este ano “Son de Cambados”.

Ningún comentario: