2 de maio de 2014

O NOVA CORRE COMO UN REGUEIRO DE PÓLVORA POLO POBO.

O ARTISTA CAMBADÉS LINO SILVA A PIQUES DE PERDER A PERNA ESQUERDA.
O fatídico seis de setembro pasado o xenial pintor cambadés Lino Silva, sufría un accidente doméstico con
varias fracturas , entre elas a súa perna esquerda resultou moi danada. Lino chegou incluso a estar na UVI, e logo estivo un días de alta na casa, pero en vista de que a súa perna esquerda non melloraba foi ingresado novamente e
xa van ala case que oito meses de hospital ,  e a peor das novas non se fixo esperar, agás milagre Lino vai perder parte da súa perna esquerda porque a infección ao parecer non remite, incluso  oímos que xa hai dia sinalado para operación. Unha nova que enche de tristura a súa familia, os seus amigos e a todos que o coñecemos. Lino Silva, gran pintor está considerado por moitos como “O Ultimo Bohemio”.
Esperemos que esa milagre ocorra e ogallá que Lino non perda a perna, pero polo que nos contaron para a semana pode consumarse a fatal nova. Dende aquí desexámoslle o mellor para Lino.

Ningún comentario: