2 de maio de 2014

VENCE E MONTSE PRADO VISITARON A ADEGA CAMBADESA.

O BNG SITÚA A MARTÍN CÓDAX COMO UN REFERENTE DE XESTIÓN EMPRESARIAL
O portavoz nacional Xavier Vence e a deputada por Pontevedra Montse Prado visitaron as instalacións da
bodega Martín Códax en Cambados (Pontevedra) e puxérona como exemplo de produción de viños de calidade e un referente desde o punto de vista de xestión empresarial a través da fórmula cooperativa.
Durante a visita, Vence subliñou o "enorme potencial comercial e social" do sector, para o que o Bloque propón medidas de apoio á comercialización apostando por manter a calidade e a imaxe de marca que imprime as denominaciones de orixe.
"Defendemos medidas de apoio e impulso, tanto á
configuración dunha base territorial potente, como para seguir na aposta con viños de calidade baixo unhas denominaciones de orixe que deben ser reforzadas como mecanismos de protección e de garantía de selo de calidade", sinalou Vence nun comunicado da súa organización política.
EFE

Ningún comentario: