ACTIVISTA, MESTRE, POLÍTICA, ESCRITORA, TRABALLADORA...UNHA GRAN MULLER.
Antes de nada teño que pedir perdón a Adela Leiro por facer este pequeno panexírico sobre a súa figura, porque sei de
boa man que non lle gusta nada que loen a súa persoa, pero pedíamo o corpo. Adela vaise da docencia, unha vida entregada en corpo e alma o ensino, unha vida na que fixo multitude de proxectos, viaxes, libros, aventuras con fin de agradar a todos os seus alumnos que rematou coa creación dunha gran asociación que se denomina Asociación de Ensinantes do Salnés “Candea” na compaña doutros colegas. Adela vaise da docencia coa compracencia do deber cumprido. Ela percorreu varios centros en Cambados, pobo que foi o eixo da súa vida. Moitas veces en Cambados temos o defecto de xulgar a xente sen coñecela, eu tiven durante dous anos o inmenso pracer de coñecela e traballar con esta muller cóbado con cóbado e pódevos dicir que é impresionante. Adela aparte de ser coñecida como mestre tamén a coñecemos en Cambados, pola súa defensa a toda costa de ter na súa mente outra forma de facer política onde tamén leva case toda a vida estivo no primeiro plano da política como concelleira de Cultura naquel goberno de “Unión Galega”, e logo tamén foi candidata polo BNG a Alcaldía de Cambados, onde por certo como concelleira da oposición aguantou toda clase de improperios das filas fascistas . Coñecendo a Adela, a súa cara ao gran público, era o que menos lle gustaba, a ela o que realmente lle interesa é traballar na sombra, fiel o BNG dende case dende a súa constitución no 1982, non quixo saber nada de roturas nin farrapos de gaita e co seu colega Xoán Antonio seguen dando o callo, practicamente son os dous únicos da vella garda que seguen en “activo” nesta formación, pero como diciamos dende a sombra. Adela non se casa con ninguén, non anda con parvadas, é directa, clara, incisiva a veces ata parece ferinte na súa forma de expresarse, pero é seu xeito de ser, prefire dicir as cousas aínda que non gusten que gardalas para se mesma. Estiven pouco en política, practicamente dous anos, e si vin unha persoa con capacidade de traballo e de sacrificio esa foi Adela Leiro, sempre disposta a traballar e “patear” as rúas de Cambados. É unha magoa que case toda unha xeración de bos mestres que fixeron que os demais vexamos o ensino doutro xeito se vaian, pero é lei de vida, pero por sorte para todos nós, Adela vai seguir cultivando as súas viaxes, os seus traballos , a súa labor desinteresada polos cidadáns, os seus libros , agás a docencia vai seguir en activo, e todo elo ao carón do seu complemento perfecto o seu compañeiro de "viaxe" de toda a vida, o seu “Mon”. Foi un pracer traballar a túa veira.

XAQUÍN CHARLIN “CHON”
HOXE PUBLICANSE DUAS ENTREVISTAS A ADELA EN "A VOZ DE GALICIA" E "FARO DE VIGO"

Ningún comentario:
Publicar un comentario