A EXPOSICIÓN TITULASE “UNHA BIOGRAFIA VISUAL”
O pintor arousano Xaquín Chaves inaugura mañá, a partir das 20,15 horas, nas galerías do pazo Torrado de Cambados a exposición
titulada "Unha biografía visual", a cal posúe un marcado carácter interdisciplinar, pretendendo revisar desde diferentes enfoques o traballo creativo do autor. A mostra de Chaves xoga cos diferentes espazos que o pazo de Torrado ofrece pola súa peculiar distribución que, como vivenda habitable, aínda mantén. O autor acaba de realizar dúas mostras en Braga, isto nos contaba hoxe o Faro de Vigo, polo que dende aqui animamos aos cambadeses en xeral a acudir a esta interesante exposición.

Ningún comentario:
Publicar un comentario