11 de maio de 2014

ALGUÉN ESTÁ A UTILIZAR A MIÑA IMAXE NUN PERFIL FALSO DE TWITTER

DICIR QUE EU,  XAQUÍN CHARLIN  GONZALEZ,  NON TEÑO  QUE VER NADA CON ESE TWITTER. MAÑÁ MESMO PRESENTO DENUNCIA NO XULGADO DE GARDA.
Eu cando escribo algo dou a cara e non me agacho baixo o anonimato. Hoxe chamoume un amigo que me dixo que en Twitter están utilizando a miña imaxe e un alcume que para min
ten un significado moi especial. Quero dicirlle a todos que seguen a este Twitter denominado “Chonito de oro” que non son eu, é un impostor que está utilizar fraudelantamente o meu alcume e o que é mais grave a miña imaxe. Eu son consciente que non teño rexistrado o apelativo “Chonito de oro”, pero a miña imaxe non pode, nin debe ser utilizada de xeito gratuíto por ningunha persoa e menos sen a miña autorización, hoxe mesmo enviei este tweet a persoa en cuestión:
“@chonitodeoro  Non sei quen es nin mi importa, pero o que estás a facer non é ético. Pídoche por favor retires a miña imaxe de este Twitter.”
Maña mesmo vou presentar denuncia no Xulgado de Garda de Cambados por utilización indebida da miña imaxe e a persoa en cuestión que se agarre as consecuencias. A única conta que teño en Twitter é “A TI MEU CAMBADOS” onde moitos de vos seguides as miñas novas.
O que mais me “jode” e que use gratuítamente o meu alcume “Chonito” o cal levo con moito orgullo en homenaxe a miña nai que se chamaba “Chonita”.
XAQUIN CHARLIN “CHON”.

Ningún comentario: