O DESCENDENTE DE CAMBADESES MATÍAS VARELA BUSCA SITIO EN HOLLYWOOD COA NOVA "POINT BREAK"
O actor sueco fillo de cambadeses (Mary Carmen Varela e
Luis Padin) Matias Varela coñecido pola saga "Diñeiro Fácil / Snabba cash / Easy Money" incorpórase ao remake de "Point Break/ Punto de Creba", xusto despois de que Gerard Butler abandonase o proxecto. Esta nova versión da película dirixida nos 90 por Kathryn Bigelow, seguirá -cun novo director (Ericson Core) e guión- a uns fuxidos modernos adictos aos deportes de risco, e como un policía do FBI se infiltra nas súas filas.

Orixinalmente Gerard Butler, debía protagonizar o remake da película "Point Break / Punto de creba" coñecida en España como “Le llaamaban Bodhi”, que Kathryn Bigelow dirixiu en 1991 con Patrick Swayze e Keanu
Reaves, e que trataba dun policía de incógnito infiltrado nunha banda de delincuentes enganchados aos deportes de risco. O feito de que Butler abandonou o papel de Bodhi, ao parecer por conflitos de axenda pois ten programada a filmación de "London Has Fallen" para este outono.

Desde a produtora, decidiron non atrasar máis o proxecto e optaron por incluír ao actor sueco-cambadés Matias Varela, fillo de cambadeses que emigraron a Suecia por traballo, coñecido pola súa presenza na exitosa saga de acción delituosa "Snabba cash".
A historia actualizada de Bigelow, centrarase nun atleta de deportes extremos que acaba de entrar no FBI, asignado para investigar como axente encuberto unha serie de roubos perpetrados por unha banda de
compañeiros adictos á adrenalina. Matias Varela podería ser un dos membros da banda de fuxidos de Bodhi.

Matias, que naceu en Estocolmo pero fala con fluidez español, sueco, inglés, portugués e galego, chegou á fama cando no ano 2000 uniuse ao elenco da serie Nya Tider, onde interpretaba a Miguel "Mischa" Santos, pero descoñecida fóra das fronteiras de Suecia. En
2010 aparecía na película "Snabba Cash / Diñeiro fácil", na que daba vida a un inmigrante chileno chamado Jorge Salinas, repetindo papel, esta vez ampliado, na súa continuación en 2012, grazas á cal empezou a destacar e levouse o equivalente ao Goya en Suecia.

A partir de 2011 fíxose moi coñecido polo seu papel como Jorge Chavez nas películas de "Arne Dahl / Misterioso" e na posterior miniserie que se realizou. Ata que a popularidade televisiva a nivel mundial chegáballe en 2013 cando se uniu como personaxe recorrente á terceira tempada da serie "Os
Borgias / The Borgias" interpretando ao Rei Fernando II de Aragón.

Con esta remake de "Point Break" ábrenselle a Varela as portas de Hollywood, xa que a súa interpretación
en "Snabba Cash / Diñeiro fácil" gozou sempre de moi boas criticas, e foi sen dúbida, estea o papel que lle abriu as portas ao mundo do cine e posteriormente o da televisión, chegando a confesar o actor o seu desexo de traballar con algún director español: "A miña gran ilusión é traballar cun director español e si é Almenabar, mellor aínda que non faría ningún noxo a Almodóvar e outros".

Martin Padín Varela, facendo caso ao seu manager, e en pos do business e o
despegue da súa carreira, abandonaba o apelido paterno Padín polo da súa nai Varela. Un novo actor que agora despunta pero que ata fai catro anos era considerado en Suecia un "cabeza negra" como denominaban aos inmigrantes. Agora que conseguiu facerse un nome, propuxéronlle nacionalizarse ao que Varela negouse alegando que o día que faga algo que non guste, volvera a ser estranxeiro. As duras palabras dun novo actor que paso a paso ha ir consagrándose pero que non ten medo ao fracaso, a regresar ao seu pobo natal e comezar de novo (sempre dixo que non lle importaria ir ao raño, coma un guiño os mariñeiros de Cambados): "A sociedade sueca non me axudou moito e como non teño medo de perder esta carreira... Si hai que vir a Cambados e montar un bar, faise. Séntome orgulloso de chegar aquí tendo unha nai ama de casa que agora é profesora e un pai economista que agora é camareiro. De feito, hai actores suecos aos que non lles caio moi ben pero teño máis nivel e si non queren ler as miñas entrevistas, non pasa nada. Aínda que non concedo moitas", dicia orgulloso o noso ilustre e marabilloso paisano.

Ningún comentario:
Publicar un comentario