21 de maio de 2014

CHARLA SOBRE A ANOREXIA E A BULIMIA

ORGANIZADA POLAS AMPAS DO ASOREY E CABANILLAS
O vindeiro día vintetrés de maio as vinte horas na Oficina de Turismo – Exposalnés, sita no Paseo da Calzada de Cambados,  terá lugar unha charla sobre a anorexia e a bulimia que estará a
cargo do traballador social de Abagal, Adán Iglesias Rodríguez membro da Asociación Bulimia e Anorexia de Galicia. A entrada é de balde e para todos os públicos, o acto está organizado polas Asociacións de nais e pais de Alumnos dos Institutos Asorey e Cabanillas.
Non fai moito o Alcalde de Cambados negoulle as Ampas cambadesas a constitución do Consello Escolar amparándose en "chorradas", e incluso tivo o feo de non querer recibilos e “pasarlle a bola” o Secretario do concello , que ten bemoles iso.
Ultimamente o noso alcalde está a facer unha seria de falcatruadas non dignas do cargo,  a enésima foi que nun acto oficial pegoulle toda unha “plantada” o himno galego. Lamentable elemento o que temos como Alcalde.

Ningún comentario: