5 de maio de 2014

CURSO GRATUÍTO DE GRUPINFOR

SOCIAL MEDIA MARKETING OU COMO FIDELIZAR CLIENTES A TRAVÉS DA REDE
Grupinfor infórmanos dunha nova acción formativa GRATUÍTA que comezarán o vindeiro 22 de maio nas súas instalacións na Rúa Rosalía de Castro, 18 en Cambados, ao carón do Instituto Ramón Cabanillas.
SOCIAL MEDIA MÁRKETING (márketing dixital: emprego das redes sociais para conseguir e fidelizar clientes) dirixida a traballadores e autónomos do sector comercio e tamén a desempregados.
O curso se impartirá os luns, martes e xoves de 21 a 23:15 horas e finalizará o 23 de xuño.
Só teñen 17 prazas que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición.
Deixámosvos ficha de inscrición e información, pero podedes comentarlles o voso interese por mail, facebook, teléfono ou pasando por GRUPINFOR de luns a venres preferiblemente en horario de mañá."

Ningún comentario: